Celta Granada do pasado mes de febreiro | Xoan Carlos Gil (LVdG) |
Antes do parón de Liga, o Celta pode refrendar un grande comezo no Campionato esta tarde ás 7 fronte ó Granada, un equipo que comezou tamén forte no campionato, trala primeira victoria fronte ó Osasuna a domicilio e unha derrota pola mínima fronte a un grande como é o Real Madrid.
Luis Enrique non debería de variar moito ó esquema que lle deu froitos nas primeiras dúas xornadas, coa obrigada baixa por sanción do capitán Borja Oubiña. Os 18 convocados polo adestrador do Celta son os seguintes: Sergio e Yoel (porteiros); Hugo Mallo, Fontás, Álex López, David Costas, Nolito, Aurtenetxe, Bellvís, Toni, Cabral, Augusto, Krohn-Delhi, Madinda, Charles, Rafinha, David Rodríguez e Javi Rey.
Mentres, o Granada viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Roberto e Karnezis (porteiros); Nyom, Diakhaté, Mainz, Angulo, Murillo; Hassan Yebda, Iturra, Fran Rico, Brahimi, Buonanotte, Fatau, Dani Benítez, Álvaro García; Youssef-El Arabi, Riki e Piti. O madrileño Riki, ex do Deportivo podería ser a grande novidade dos chicos de Lucas Alcaraz esta tarde en Balaídos.
Granada e Celta xa se enfrontaron en doce ocasións en Balaídos con balance de 7 victorias para os de Vigo, 3 empates e dúas derrotas, cun total de 24 goles a favor e 12 en contra para o Celta. O seu último enfrontamento, na xornada 25 da pasada tempada, saldouse cunha victoria para o Celta, por 2 goles a 1.
PREFERENCIA CELESTE fará a previa na súa sede CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos) a partires das 17 horas, onde poderás acompañarnos nun grande ambente e colorido celtista.
E LEMBRA que si queres VIAXAR CONNOSCO A COMPOSTELA para asistir á homenaxe ás Víctimas do Accidente Ferroviario de Santiago (Celta - Compostela) o vindeiro mércores 4 de setembro, podes anotarte na Cafetería Las Gradas na nosa previa, entre as 17 e 18:30 horas. Tes toda a información da viaxe nesta ligazón.
E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario