Mostrando entradas con la etiqueta pretempada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pretempada. Mostrar todas las entradas

sábado, 13 de julio de 2013

Viaxa con #PreferenciaCeleste a #Porto por só 10€

Primeira viaxe do curso 2013-2014 ó Estadio do Dragão, grande estadio dos nosos irmáns do FC Porto. O FC Porto realizará a súa presentación ante a afección tripeira cun encontro ante este Celta ilusionante.

A hora de saída é ás 12:00 do Estadio de Balaídos, pero é necesario estar media hora antes para pasar lista e subir ó bus. A volta é ó remate do encontro.

Estamos en conversa telefónica co Porto para consultar o prezo e xeito de adquirir as entradas, pero polo momento non comunican nada. O prezo de 10€ só inclúe o transporte en bus Balaídos-Porto-Balaídos. A entrada é responsabilidade de cada quen. Vos informaremos de como conseguila cando saian á venda. Se é posible adquirir a entrada en conxunto o confirmaremos máis adiante.

Se o bus non cubre as prazas, a viaxe quedará suspendida. Só imos levar un bus, anotádevos canto antes.

Luns 15 e Martes 16 estaremos na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92 diante de Balaídos) en horario de 10:00-12:00AM e de 18:00-20:00 para recibir en man os cartos, unha fotocopia lexible do DNI (polas dúas caras). O menores deberán presentar tamén a seguinte autorización asinada polo seu titor xunto coa fotocopia do DNI dese titor.

Mércores 17, Xoves 18 estaremos asimesmo no mesmo sitio en horario de 18:00 a 20:00.
BUS CHEO!


Os peñistas que enviáchedes correo solicitando a praza, xa a tendes asignada, pasádevos neses horarios a pagar.



O prezo do transporte é de só 10€!

lunes, 23 de julio de 2012

O Celta 2012/2013 se presenta ante a afección no municipal de Balaídos.


O vindeiro Mércores 25 de Xullo ás 20:30 o Real Club Celta de Vigo enfrontarase ó Atlético de Madrid (vixente campión da Europa League) no trofeo Cidade de Vigo en Balaídos.

Logo da victoria ante o Academica cun único tanto de Jota e da perda en Viseu contra o Porto por tres tantos a cero cunha moi boa parte, o Celta afronta este importante encontro ante un dos equipos de referencia la liga BBVA.

Podedes consultar o resto do calendario de pretempada nesta imaxe do R.C. Celta


Preferencia Celeste estará presente neste encontro. Recorda que aínda estás a tempo de unirte á nosa peña antes do inicio da tempada. Para máis información acercádevos á Cafetería Las Gradas na Avenida de Fragoso Nº 92 enfrente do estadio media hora antes do encontro ou a través das vías de contacto desta web.


Estamos de volta! Ala Celta!