Primeira viaxe do curso 2013-2014 ó Estadio do Dragão, grande estadio dos nosos irmáns do FC Porto. O FC Porto realizará a súa presentación ante a afección tripeira cun encontro ante este Celta ilusionante.
A hora de saída é ás 12:00 do Estadio de Balaídos, pero é necesario estar media hora antes para pasar lista e subir ó bus. A volta é ó remate do encontro.
Estamos en conversa telefónica co Porto para consultar o prezo e xeito de adquirir as entradas, pero polo momento non comunican nada. O prezo de 10€ só inclúe o transporte en bus Balaídos-Porto-Balaídos. A entrada é responsabilidade de cada quen. Vos informaremos de como conseguila cando saian á venda. Se é posible adquirir a entrada en conxunto o confirmaremos máis adiante.
Se o bus non cubre as prazas, a viaxe quedará suspendida. Só imos levar un bus, anotádevos canto antes.
BUS CHEO!
Os peñistas que enviáchedes correo solicitando a praza, xa a tendes asignada, pasádevos neses horarios a pagar.
O prezo do transporte é de só 10€!
No hay comentarios:
Publicar un comentario