A Real busca curar as feridas polo 5-1 que lle endosou o Madrid no Bernabeu, namentres o Celta busca recuperar a confianza que tiña tralos bos resultados conquistados en Málaga e Sevilla e o bo xogo fronte ó Barcelona, pero que perdeu de súpeto hai 15 días trala dolorosa derrota en Balaídos fronte ó Rayo Vallecano (0-2).
A Real Sociedad é, para Luis Enrique, un bloque sólido e un equipo que esta a facer un bo xogo, malia os malos resultados en Champions, que o técnico do Celta achaca á mala sorte. Para Lucho, hai que ter coidado con todo o bloque, non a persoas en concreto.
Para Arrasate, técnico txuri-urdin, ó Celta hai que xogarlle dun xeito inteligente e lembra que está a xogar mellor fora da súa casa, que en Balaídos. Afirmou que non vai reservar a ninguén coa vista posta en Champions.
Convocatorias:
Arrasate convocou ós seguientes xogadores: Claudio Bravo e Zubikarai; Joseba Zaldua, Ansotegi, Mikel González, Íñigo Martínez, José Ángel e De la Bella; Markel Bergara, Javi Ros, Rubén Pardo, Zurutuza e Xabi Prieto; Seferovic, Agirretxe. Carlos Vela, Chori Castro e Griezmann. Carlos Martínez e Gorka Elustondo están mancados, mentres que Cadamuro non entrou por decisión técnica.
Luis Enrique viaxou a San Sebastián cos seguintes 18 xogadores: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Álex López, Rafinha, Orellana, Krohn-Delhi e Augusto; Nolito, Charles, Madinda e Santi Mina. Quedan fora da lista Oubiña, que non foi quen de recuperarse do seu pé, e Samuel. Non viaxan por decisión técnica Vila, Bermejo, Bellvís e David Rodríguez.
Antecedentes:
Real Sociedad e Celta enfrontáronse en 41 ocasións en Donosti (tanto en Anoeta, como no vello Atotxa), na que os vascos gañaron 25 veces e perderon só en 4. 12 foron o número de veces que remataron en táboas, con 91 goles a favor da Real e 44 para o Celta. A vitoria mais abultada foi un 5-0 para a Real na temporada 1954-55.O Celta gañou por derradeira vez na tempada 1999-2000 por 0-2.
O árbitro asturiano Muñiz Fernández arbitrou 5 veces ó Celta como visitante, conseguindo 2 victorias e 3 derrotas neses enfrontamos.
Preferencia Celeste en Donosti con presidente Mouriño |
Preferencia Celeste viaxou co Celta hasta Donosti e daralle calor nas gradas de Anoeta ós nosos. Se pudeche viaxar, tamén podes disfrutar do partido en Cafetería Las Gradas (Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).
E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario