viernes, 17 de mayo de 2013

Viaxa a #PucelaCeleste con #PreferenciaCeleste

Boas, finalmente confirmamos que hai prazas gratuítas no noso bus (xestionado por nós, pagado polo Concello de Vigo, coordinado pola FdP). Para acceder a elas, é necesario que quenes esteades interesados, vos pasedes este Domingo 19/05/13 por Cafetería Las Gradas (Avenida Fragoso 92) de 19:00 a 21:00 cunha fotocopia do DNI polas dúas caras, e 35€ para o pago da entrada. Se sodes menores tendes que vir coa autorización asinada e a fotocopia do DNI do voso titor. Tendes aquí a autorización a menores

No momento no que enchamos as 50 prazas do bus, pecharemos a lista, e quenes queden fóra terán que falar directamente coa FdP e ver se eles teñen sitio.

Só atenderemos nese horario. Quen chegue fora desas horas NON terá praza. Quen veña sen a fotocopia do DNI (sen autorización os menores) ou sen os 35€ non será posible que lle xestionemos o asento.

Os buses sairán o propio Domingo 26 ás 12:00 de Balaídos. Estade ás 11:30. Ás 12:00 os buses arrancan, e quen non estea nel non viaxa. Non se espera por ninguén xa que a viaxe é coordinada coa FdP.


Un saúdo de Preferencia Celeste.



A FdP do Celta confirmounos que finalmente SI hai buses gratuítos. Non fagades máis ingresos na conta. A quenes xa ingresaron, devolverémoslles os cartos da viaxe en bus. Cando nos confirmen da FdP un par de cuestións, emitiremos outra nova ampliando toda a info.

Repetimos, todos os ingresos que se fagan a partires de agora mesmo (Xoves 16 de Maio ás 23:00) non se terán en conta para a viaxe. 

Para poder reservar praza, daremos indicacións no momento que nos resolvan as dudas a xente da FdP.




 #PucelaCeleste

A peña Preferencia Celeste organiza viaxe a Pucela. Tanto o Celta estea en primeira como en segunda, o equipo ten o noso apoio incondicional. Tende en conta que a Federación de peñas non organiza viaxe, e o Concello de Vigo, finalmente non pón buses.

Unídevos a nós por só 60€ (25€ viaxe + 35€ entrada) Todos aqueles interesados deberán ingresar no Banco de Santander no número de conta 0049-5470-53-2116110331 os 60€, segundo o modelo adxunto.

O prezo para peñistas é de 55€.

Xeito de cubrir o impreso de ingreso en efectivo

Indicade "Viaxe a Pucela" e o voso nome e apelidos. Se facedes o ingreso en conta nunha sucursal do Banco de Santander, non teredes que pagar comisións.

Lembrade que os "menores de idade", tendes que cubrir a autorización do seguinte link para poder viaxar.

Autorización a menores

Necesitamos tamén unha fotocopia do DNI por diante e por detrás.

Tendes que enviar ao seguinte correo electrónico eventos@preferenciaceleste.com o resgardo do pago bancario, a fotocopia do DNI e a autorización en caso de ser menores; todos estes documentos ou ben escaneados ou ben en pantallazo adxunto nun correo electrónico co voso nome, apelidos, un teléfono de contacto, enderezo e correo electrónico se o tendes. Se nos falta algún documento non poderedes viaxar.

Mañá cara á última hora da tarde vos concretamos o itinerario e o horario aproximado da viaxe.

Unha vez feito o ingreso bancario non se devolverán os cartos, a non ser que non enchamos o bus, co cal teremos que suspender a viaxe, e devolver os cartos tan pronto como poidamos. 

A data tope para anotarse é o martes 21 de maio ás 21:00 horas.

Se terá en conta orde riguroso de pago bancario para reservar plaza na viaxe. Publicaremos na páxina web: preferenciaceleste.com e polo noso twitter e facebook da peña datos relevantes da viaxe, así como avisaremos cando teñamos cheo o autobús, se houbera algunha incidendia ou se houbera que suspender a viaxe.

Vos confirmaremos por correo electrónico a praza no autobús unha vez recibamos todos os documentos (resgardo do pago bancario, fotocopia do dni e autorización se fose necesario). Que ingresedes os cartos non vos asegura a praza porque iremos rexistrando por orden de pago ata que recibades este correo de confirmación.



Coma sempre o de sempre... Ala Celta!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario