Aspas entre dous béticos na ida | Diego Pérez (RC Celta) |
Betis e Celta perseguen obxectivos moi diferentes; os de Pepe Mel buscarán coa victoria entrar en Europa, e o adestrador xa deixou claro na véspora que ese é un obxectivo para os seus: "É fundamental gañar para depender de nós mesmos", dixo.
No Real Betis Balompié contarán coa importante baixa de Jorge Molina, por lesión, e Mel buscará o xogo rápido polas bandas, según declarou.
Os dezaoito convocados polos béticos son os seguintes: Adrián, Fabricio, Álex Martínez, Nacho, Chica, Paulao, Amaya, Mario, Rubén Pérez, Nono, Nosa, Beñat, Salva Sevilla, Campbell, Juan Carlos, Vadillo, Pabón e Rubén Castro.
Polo que respecto ó Real Club Celta, Abel Resino declarou que pese a derrota dos seus este mércores, aínda que a salvación é posible para os seus, pero que probablemente este sexa o derradeiro cartucho para ese obxectivo, sen depender de cálculos matemáticos. O técnico toledano do Celta engadiu que ve ós seus pupilos con mentalidade forte para sacer adiante este partido.
A baixa máis importante para os vigueses é a de Mario Bermejo, con rotura de ligamentos cruzada, e será operado polo Dr. Cota o vindeiro martes. A súa baixa súmase ás de Hugo Mallo, Sergio e Park, por lesión. Tamén é baixa por acumulación de cartóns, Álex López. Os vinte convocados por Abel Resino son: Varas e Rubén Blanco, Lago, Túñez, Vila, Cabral, Bellvís, Jonny Castro, Samuel; Oubiña, Toni Rodríguez, De Lucas, Krohn-Delhi, Augusto Fernández, Insa, Demidov, Pranjic, Levy Madinda; Orellana e Iago Aspas.
No partido de ida, gañaron os andaluces por 0 goles a 1 en Balaídos.
Podes disfrutar desde xa deste decisivo encontro con nós en Cafetería Las Gradas (Avda. de Fragoso, 92, fronte ó Estadio).
Vivirás con nós o celtismo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario