Mario Bermejo no encontro de hoxe | EFE, vía Diario de Navarra |
Comezou ben o Celta, que aínda que se atopaba por debaixo do Osasuna en tempo de posesión do coiro, parecía chegar máis claramente á meta defendida por Andrés Fernández. Ós seis minutos de partido, Iago Aspas non chegou por pouco a un balón que chapou ben o cancerbeiro navarro na frontal da área.
No minuto 23, sería Borja Oubiña quen marrou rematando fora outra clara ocasión.
Foron pasando os minutos e os celestes foron diluíndose, comenzando a chegar con máis claridade e perigo os vermellóns, que non se adiantaron no marcador grazas as providenciais paradas de Javi Varas, hoxe o mellor dos olívicos. O borde do descanso foille anulado un gol a Rubén, por falta a Varas.
Trala reanudación, ós catro minutos, Aspas tirou desde fora da área, un balón que marchou por riba da meta de Osasuna.
Sería un espellismo, pois ós 9 minutos, tras unha xogada de ataque navarra, un balón repelido pola defensa céltica foi parar ós pés de Armenteros, na frontal da área chica e libre de marca, quen fusilou a Varas.
Un a cero e Osasuna lonxe de repregarse, seguiu asediando a meta do Celta en busca do segundo. O Celta só reaccionou nos derradeiros 15 minutos de xogo, na que Álex López marrou unha clara ocasión a falta de 8 para o final, lanzando o balón alto.
Arbitrou Hernández Hernández, correcto, non influindo no resultado final do encontro. O cartón amarelo que lle mostrou a Roberto Lago no minuto 9, por derrubar a un contrario, conleva suspensión para o canteirán vigués.
Como única nota positiva do encontro, destaca o feito que no goal average particular entre vigueses e pamplonicas, este é favorable ó Celta pola victoria en Vigo por dous a cero.
FICHA TÉCNICA
1 - C.A. Osasuna: Andrés Fernández; Damiá, Rubén, Flaño, Nano; Cejudo (Silva, min.68), Lolo (Lou, min.88), Oier, Nino, Armenteros; Kike Sola (Llorente, min.65).
0 - R.C. Celta: Varas; Lago, Cabral (Toni, min.61), Túñez, Demidov; Jony, Oubiña, Pranjic, De Lucas (Park, min.61); Mario Bermejo y Aspas.
Gol: 1-0, Armenteros, min. 59.
Árbitro: Alejandro Hernández Hernández, do comité de Las Palmas. Mostrou cartóns amarelos a Roberto Lago (min. 9), Mario Bermejo (min. 32) e Toni (min. 82) polo Celta e Rubén González (min. 58) e Damiá (min. 84) polo Osasuna.
Partido correspondente á Xornada 22 da Liga BBVA disputado a tarde do sábado 2 no Estadio Reyno de Navarra de Pamplona, nun terreo de xogo en malas condicións para a práctica do fútbol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario