lunes, 21 de enero de 2013

Málaga 1 - 1 Celta (A crónica)

Iago Aspas nun lance do encontro | LOF
Táboas no encontro disputado na noite do sábado no Estadio da Rosaleda, un resultado que pode considerarse bo, por canto lle permite ó Celta seguir fora dos postos de descenso, pero que sabe a pouco tendo en conta o xogo despregado polos celestes (neste partido, coa segunda vestimenta), especialmente no segundo tempo, tralo gol do empate do Celta, no que tivo nas cordas ós malacitanos.

Adiantáronse os andaluces tras unha xogada embarullada na área do Celta, na que os galegos reclamaron fora de xogo, inexistente, e finalmente Demichelis leva o coiro ó fondo da rede para poñer o 1-0 no marcador. Parecía un castigo excesivo por canto o visto hasta entón por parte de ámbolos duos conxuntos.

Na segunda parte, o Celta saiu máis decidido polo empate. Este chegaría no minuto 30, cando tras un rexeite do meta Caballero, Augusto Fernández tirou por baixo para poñer o 1-1 no taboleiro. Aínda terían oportunidades os vigueses para levarse a victoria, especialmente nunha contra do Celta no que De Lucas quedou man a man co meta Caballero, no tempo de desconto, desbaratando o portero do Málaga coas mans. Tanto Willy Caballero como Javi Varas foron os auténticos protagonistas da segunda parte con intervencións decisivas que impediron que se movese o marcador.

Este empate deixa ó Celta no posto 17, con 19 puntos, a un do descenso.

A vindeira cita será no Municipal de Balaídos o sábado 26 ás 16 horas fronte a Real Sociedad. En Preferencia Celeste faremos a previa desde as 15 horas na nosa sede social, Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte as Gradas de Tribuna e Preferencia) desde onde partiremos ó Estadio. Estades todos convidados.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!


FICHA TÉCNICA 

1-Málaga C.F.: Caballero, Sergio Sánchez, Welligton, Demichelis, Monreal, Isco (Duda, min.80), Toulalan, Iturra, Buonanotte (Portillo, min.66), Joaquín e Santa Cruz (Saviola, min.59)

1-R.C. Celta: Javi Varas, Jonny, Cabral, Demidov, Roberto Lago, Oubiña, Natxo Insa (De Lucas, min.58), Krohn-Dehli, Álex López (Mario Bermejo, min.81), Augusto e Iago Aspas (Bellvís, min.87)

Goles: 1-0, min.36; De Michelis; 1-1, min.75: Augusto

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Buonanotte e Demichelis, polo Málaga, e a Javi Varas, Iago Aspas, Roberto Lago e Bellvís, polo Celta.

Incidencias: Partido disputado a noite do sábado 19 no Estadio La Rosaleda, diante de 20.304 espectadores. Terreo de xogo blando que dificultou a práctica de fútbol para ámbolos duos conxuntos. Antes do incio, gardouse un minuto de silencio polo pasamento de Antonio Pérez-Gascón, expresidente do Málaga CF.

No hay comentarios:

Publicar un comentario