O Celta busca convertir novamente Balaídos no seu fortín, e unha vitoria a convertiría na segunda vitoria consecutiva en Vigo, convertiendo o mal resultado de Bilbao (no que caiu fronte ó Athletic Club cun contundente 4-0, na volta de Copa) nunha anécdota para os de Luis Enrique.
Mentres, o Osasuna, que ten un punto menos co Celta, busca unha vitoria en Vigo que faga boa a tendencia iniciada no Santiago Bernabéu, na que foi quen de empatar a dous goles fronte ó todopoderoso Real Madrid de Cristiano Ronaldo.
Antecedentes:
Con todo, os antecedentes están co Celta en canto a enfrontamentos entre celestes e vermellóns. Dun total de 18 enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos en Balaídos, a vitoria para os de Vigo caeu en 13 ocasións, con 4 empates e só unha victoria para os de Pamplona. O Celta anotou 27 goles nestes enfrontamentos, por só 7 do Osasuna. A vitoria mais avultada para o Celta foi na tempada 1993/94, na xornada 37, na que venceu por catro goles a cero.
Convocatorias:
O Celta perde para este partido a Charles, expulsado con dobre cartón en Valladolid o pasado luns ó que Apelación lle confirmou a sanción, e Hugo Mallo, quen cumple ciclo de cartóns. Con isto, Luis Enrique convocou ós seguintes xogadores: Yoel e Sergio; Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Nolito, Orellana e Santi Mina.
Mentres, o Osasuna de Javi Gracia, quen colleu ó conxunto navarro na 4ª xornada e ó que hai que prestarlle atención a Oriol Riera, con pasado celtiña, viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Riesgo e Andrés Fernández; Marc Bertrán, Miguel Flaño, Echaide, Satrústegui, Lotiès, Oier e Damiá; Lolo, Armenteros, Puñal, Cejudo, Roberto Torres, Raúl Loé e José García; Manu Onwu e Oriol Riera.
Arbitrará Delgado Ferreiro do colexio biscaino, que é primeira vez que pita en Vigo, pero que nas cinco ocasións en que pitou ó Celta, catro foron vitorias para os celestes.
Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 19:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).
E como sempre, o de sempre! Ala Celta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario