Celta e Deportivo en Balaídos no partido de ida. | Foto: Tomás Rodríguez |
Ámbolos dous equipos chegan a este partido coa máxima das necesidades, ocupando os coruñeses o último posto na táboa clasificatoria, seguido polos vigueses, que está seis puntos por riba. Trátase da primeira vez desde 1944 na que Deportivo e Celta ocupan os derradeiros postos na táboa clasificatoria no momento de disputar o derbi.
O Deportivo, ademáis da satisfacción de vencer ó seu máximo rival, percibe que se atopa diante da derradeira oportunidade para enderezar o seu rumbo no que resta de campaña. Mentres, o Celta chega á Coruña coa moral moi alta trala boa imaxe que ofreceron fronte ó Real Madrid na que lle prataron cara, pese á derrota, eso sí, pola mínima. En Riazor terá oportunidade de demostrar que a súa melloría de xogo non é unha cuestión coxuntural.
O Celta, pese a disputarse un venres, e ás dificultades atopadas para organizar viaxes por parte dos seus siareiros, estará ben acompañado en Riazor, na que acudirán perto dun milleiro de persoas desde Vigo (incluíndo membros desta Peña) ós que seguro que se sumarán moitos outros celtistas chegados desde outros puntos de Galicia.
A convocatoria do Deportivo é a seguinte: Aranzubia, Lux, Riki, Nelson, Camuñas, Salomão, Juan Domínguez, Alex, Ayoze, Insua, Manuel Pablo, Aythami, Silvio, Marchena, Assunçao, Abel Aguilar, Bruno Gama, Valerón e Pizzi.
E a convocatoria do Celta é a formada por Javi Varas e Sergio Álvarez como porteiros, acompañados por Roberto Lago, Túñez, Oubiña, Jonathan Vila, Cabral, Demidov, Pranjic, Bellvís, Jonny Castro, Toni Rodríguez, Augusto Fernández, Orellana, Park, Krohn-Delhi, De Lucas, Bermejo, Aspas e Levy Madinda.
No partido de ida, Celta e Deportivo empataron a un goles no Municipal de Balaídos.
Se non podes viaxar á Coruña, podes acompañarnos nesta festa do fútbol en Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio) onde lle daremos ós nosos moita calor e ánimos. Por que #XUNTOSCONSEGUIRÉMOLO
No hay comentarios:
Publicar un comentario