jueves, 23 de agosto de 2012

Información Viaxe a Donosti

Actualización 24/08/12
O cupo de prazas está xa cuberto!!  Recordade que é imprescindible levar o DNI para poder viaxar connosco.

Se queredes, a peña vai vender en primicia para quenes compartides a viaxe connosco as bufandas a un prezo de 10€ unidade




Vos informamos de que a viaxe xa está en marcha. Finalmente a saída é ás 04:00 da mañá desde diante da Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso 92), sede da nosa peña.

Hai moita xente preguntando polas entradas. Non podemos xestionar máis peticións, pero todos os que compartides con Preferencia Celeste esta viaxe (e quenes vos confirmamos persoalmente) tendes a entrada asegurada, segundo o falado coa Federación de Peñas.

Animámosvos a vir connosco ás 03:00 a tomar o almorzo a Las Gradas. A cafetería abrirá para nós as súas portas, moitas grazas a Alfredo polo seu apoio á nosa peña.

Se tendes dúbidas xa sabedes que podedes contactar coa Vogalía de Eventos en eventos@preferenciaceleste.com




Un saúdo, non vos olvidedes os 25€ da entrada, preparade a mochila, a bufanda e as bandeiras para #DonostiCeleste

1 comentario: