![]() |
(Ilustración: Pablo Rosendo | RC Celta) |
Os de Luis Enrique queren ofrecer esta noite unha vitoria que lles daría ós vigueses prácticamente a salvación matemática, pois quedarían con 43 puntos, por riba do obxectivo inicial dos 40 puntos. "É importante que a afección saiba que gañar o partido de mañán (por hoxe) nos daría a salvación matemática, nos permitiría conseguir, por fin, o tan ansiado obxectivo que nos tiñamos marcado", foron as palabras do adestrador celester para salientar a importancia do partido desta noite.
O Valladolid, pola contra, chega coa auga ó cuello, ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria, aínda que cun partido menos, o que lle resta disputar contra o Real Madrid por mor da Champions League. O seu adestrador, Juan Ignacio Martínez, valorou a importancia de lograr unha triunfo en Vigo: "Unha victoria tería moita importancia tanto desde o punto de vista clasificatoria como anímico", foron as súas verbas.
ANTECEDENTES: A estatística está do lado vigués, en 27 enfrontamentos entre Celta e Valladolid en Balaídos, 14 foron victorias locais por só 3 visitantes. Os restantes 10 partidos remataron con táboas. O Celta fixo 22 goles e recibiu 22. A vitoria mais avultada foi na tempada 1949/50 cun contundente 4-0, na xornada 18. No partido de ida no Novo Zorrilla, o Valladolid impúxose por un claro 3-0, os tres de Javi Guerra.
Arbitrará Teixeira Vitienes.
CONVOCATORIAS:
RC Celta: Yoel e Sergio; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Iñigo López e Cabral; Borja Oubiña, Rafinha, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.
Real Valladolid: Jaime e Diego Mariño; Jesús Rueda, Rukavina, Peña, Mitrovic e Valiente; Álvaro Rubio, Víctor Pérez, Rossi, Omar, Larsson, Óscar e Bergdich; Javi Guerra, Jeffren, Manucho e Osorio.
@CentolosdoCelta e @irmandinos1923 disputan hoy la final del Mundial de Peñas de #BalaídosUniversal.En la portería @PrefCeleste.Felicidades!
— RC Celta Oficial (@rccelta_oficial) abril 28, 2014
Preferencia Celeste conseguiu un honorable 3º posto no mundial das peñas de #BalaídosUniversal. Só por detrás de Centolos Celestes e Irmandiños 1923. Isto nos permitirá parar os penaltis da final que disputarán Centolos e Irmandiños.Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na PREVIA a partires das 21 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos cara ó Estadio a continuación.