sábado, 31 de mayo de 2014

Campaña de abonados 2014-2015. Faite peñista por só 10€ #PreferenciaCeleste

En Preferencia Celeste lanzamos un ano máis a campaña de captación de peñistas co obxectivo de chegar ós 150 peñistas, e dentro deses ter alomenos 100 peñistas que sexan abonados do Celta.

Na nosa peña buscamos celtistas dispostos a defender as nosas cores dentro e fóra de Balaídos, xente con gañas de animar, de pasalo ben e de gozar do celtismo activo. Xente que goce nos desprazamentos, que lle gusten os recibimentos, que non entenda unha fin de semana sen sufrir e gozar co noso celtiña.

Esta nova tempada 2014-2015 mantemos a tarifa única de 10€ por peñista. Pensamos que o prezo non pode ser unha barreira para que vos unades a nós.

Flyer campaña 2014-2015

Recordade que para facervos peñistas necesitamos que cubrades e asinedes o formulario de adhesión e que entreguedes unha fotocopia lexible do DNI, unha foto tamaño carnet, así como os 10€ da cota na nosa sede, Cafetería Las Gradas nas previas dos partidos ou contactando connosco vía e-mail en preferenciaceleste@gmail.com (Os menores de idade ademáis teñen que cubrir a parte baixa do formulario, o cal ten que vir asinado polo titor e adxunto tamén co DNI do titor)





Coma sempre o de sempre... ALA CELTA!!!

martes, 27 de mayo de 2014

Partido #CíesPatrimonio Xoves 29/05/14 ás 20:45

Este Xoves 29/05/14 ás 20:45 terá lugar no campo do Coruxo FC no Vao un partido formado por antigas estrelas do Celta contra antigas estrelas do resto do Mundo pola declaración das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade.

As entradas poden mercarse na planta de deportes do Corte Inglés a un prezo de 15€ adultos e 8€ nenos.

Acudide para promocionar a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade!!!




lunes, 19 de mayo de 2014

Sorteo de bufanda da nosa peña só por ser follower e facer RT!

En Preferencia Celeste sorteamos unha bufanda da nosa peña para celebrar os 2000 followers alcanzados na rede social Twitter.


VÍDEO DO SORTEO (Do streaming en directo):


Noraboa a @dalotri84 pola bufanda! Estamos xa en contacto con él para entregarlla tan pronto como poidamos :) Graciñas ó resto por participar no sorteo.


Para optar ó sorteo, que rematará o vindeiro Domingo 25/05/14 ás 23:59, tan só tes que ser follower noso e facer RT ó seguinte tweet => https://twitter.com/PrefCeleste/status/468143778063450112

Excluiremos do sorteo ós bot, contas sen actividade creadas só para este concurso, e contas de persoas ou institucións con mensaxes contra o Celta ou contra o celtismo no seu TL, así como as contas marcadamente anticeltistas.


Recorda que podes seguirnos en twitter facendo follow a @PrefCeleste e en Facebook en http://www.facebook.com/PreferenciaCeleste



sábado, 3 de mayo de 2014

Osasuna - Celta (A Previa)

Un anterior Celta - Osasuna en Balaídos (Foto: Salvador Sas | EFE).
Estadio de El Sadar (20:00) | Osasuna e Celta enfróntanse este serán no Estadio de El Sadar para buscar os de Luis Enrique acadar a seu maior número de vitorias a domicilio, mentres que os de José Gracia, que contarán con estadio cheo a rebosar busca afastarse definitivamente dos postos de descenso.

Con estes ingredentes, espérase un interesante encontro na capital navarra. Os técnicos o deixaron claro. Mentres que José Gracia, quen espera un Celta "enchufadísimo" di que "é un partido de vital importancia e trataremos dunha vez que os puntos queden na casa. Falta de compromiso e implicación vos aseguro que non falta". Por outra banda, Luis Enrique declara que quen espera que o Celta salga ó campo de El Sadar de vacacións "se equivoca". O adestrador asturiano quere un Celta o máis arriba posible.

ANTECEDENTES: Osasuna e Celta enfrontáronse nun total de 18 ocasións na Liga BBVA, con 12 vitorias locais, un empate e cinco vitorias do Celta. O Osasuna é o cuarto mellor conxunto a visitar de todos ós que se enfrontou o Celta esta tempada (Fonte: Celta Historia).

CONVOCATORIAS:

CA Osasuna: Riesgo e Andrés Fernández; Marc Bertrán, Joan Oriol, Miguel Flaño, Arribas, Oier, Lotiès e Damiá; De las Cuevas, Puñal, Armenteros, Cejudo, Lobato, Silva e Roberto Torres; Acuña e Oriol Riera.

RC Celta: Sergio e Yoel; Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Íñigo López, Cabral e David Costas; Oubiña, Álex López, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Orellana, Nolito e Santi Mina.

Arbitrará Jesús Gil Manzano, do Colexio Extremeño.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE a partires das 19 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!