lunes, 28 de abril de 2014

Celta - Valladolid (A previa)

(Ilustración: Pablo Rosendo | RC Celta)
Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Celta e Valladolid veránse as caras esta noite no vello Balaídos co obxectivo de conseguir de xeito matemático a permanencia aínda que os pucelanos chegan a Vigo cunha necesidade casi imperiosa de conseguir os tres puntos.

Os de Luis Enrique queren ofrecer esta noite unha vitoria que lles daría ós vigueses prácticamente a salvación matemática, pois quedarían con 43 puntos, por riba do obxectivo inicial dos 40 puntos. "É importante que a afección saiba que gañar o partido de mañán (por hoxe) nos daría a salvación matemática, nos permitiría conseguir, por fin, o tan ansiado obxectivo que nos tiñamos marcado", foron as palabras do adestrador celester para salientar a importancia do partido desta noite.

O Valladolid, pola contra, chega coa auga ó cuello, ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria, aínda que cun partido menos, o que lle resta disputar contra o Real Madrid por mor da Champions League. O seu adestrador, Juan Ignacio Martínez, valorou a importancia de lograr unha triunfo en Vigo: "Unha victoria tería moita importancia tanto desde o punto de vista clasificatoria como anímico", foron as súas verbas.

ANTECEDENTES: A estatística está do lado vigués, en 27 enfrontamentos entre Celta e Valladolid en Balaídos, 14 foron victorias locais por só 3 visitantes. Os restantes 10 partidos remataron con táboas. O Celta fixo 22 goles e recibiu 22. A vitoria mais avultada foi na tempada 1949/50 cun contundente 4-0, na xornada 18. No partido de ida no Novo Zorrilla, o Valladolid impúxose por un claro 3-0, os tres de Javi Guerra.

Arbitrará Teixeira Vitienes.

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Iñigo López e Cabral; Borja Oubiña, Rafinha, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

Real Valladolid:  Jaime e Diego Mariño; Jesús Rueda, Rukavina, Peña, Mitrovic e Valiente; Álvaro Rubio, Víctor Pérez, Rossi, Omar, Larsson, Óscar e Bergdich; Javi Guerra, Jeffren, Manucho e Osorio.

@CentolosdoCelta e @irmandinos1923 disputan hoy la final del Mundial de Peñas de #BalaídosUniversal.En la portería @PrefCeleste.Felicidades!
Preferencia Celeste conseguiu un honorable 3º posto no mundial das peñas de #BalaídosUniversal. Só por detrás de Centolos Celestes e Irmandiños 1923. Isto nos permitirá parar os penaltis da final que disputarán Centolos e Irmandiños.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na PREVIA a partires das 21 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

 

sábado, 12 de abril de 2014

Celta - Real Sociedad (A Previa)

Foto: Pablo Rosendo | Real Club Celta de Vigo
Estadio Municipal de Balaídos (16:00) | Celta (13º) e Real Sociedad (6º) disputan esta tarde en Balaídos a primeira das seis finais que lle agardan ós celestes, partido que cobra especial importancia tralo tropezón dos vigueses o pasado sábado en Vallecas por un contundente 3-0 e que coloca ós de Madrid por enriba do Celta e cun goal averaxe favorable a eles. Pero o Celta segue a depender de si mesmo para conseguilo obxectivo da salvación.

Luis Enrique espera para este partido a unha "Real potentísima" en Balaídos e di dos donostiarras que son un equipo "motivador". Mentres, Jagoba Arrasate, entrenador vasco, está convencido de "de facer un bo "sprint" final. Imos rematar o ano con boas sensacións".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Íñigo López, Cabral, Oubiña, Orellana, Madinda, Krohn-Delhi, Rafinha, Bermejo, Nolito, Charles, Augusto e Santi Mina.

Real Sociedad: Bravo e Zubikarai; Carlos Martínez, Zaldua, Mikel, Iñigo e José Ángel; Markel, Pardo, Elustondo, Zurutuza, Granero e Canales; Seferovic, Agirretxe, Griezmann, Vela e Chory Castro.

ANTECEDENTES: A favor do Celta, ademais de xogar en casa e o desexo de entrenador e xogadores de agradar á súa afección, está a estatística, pois de 41 partidos disputados en Balaídos entre Celta e Real Sociedad, os vigueses venceron en 23 deles, con 9 empates e 9 derrotas. Conseguiron 71 goles a favor e 40 en contra. A meirande vitoria para os de Vigo foi na tempada 1941/42 cun contundente 6-1.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 15 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!