domingo, 22 de diciembre de 2013

Celta - Osasuna (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (21:00) | Celta e Osasuna pechan hoxe o ano futbolístico en Balaídos coas urxencias dos equipos que se atopan na zona mais baixa da clasificación.

O Celta busca convertir novamente Balaídos no seu fortín, e unha vitoria a convertiría na segunda vitoria consecutiva en Vigo, convertiendo o mal resultado de Bilbao (no que caiu fronte ó Athletic Club cun contundente 4-0, na volta de Copa) nunha anécdota para os de Luis Enrique.

Mentres, o Osasuna, que ten un punto menos co Celta, busca unha vitoria en Vigo que faga boa a tendencia iniciada no Santiago Bernabéu, na que foi quen de empatar a dous goles fronte ó todopoderoso Real Madrid de Cristiano Ronaldo.

Antecedentes:

Con todo, os antecedentes están co Celta en canto a enfrontamentos entre celestes e vermellóns. Dun total de 18 enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos en Balaídos, a vitoria para os de Vigo caeu en 13 ocasións, con 4 empates e só unha victoria para os de Pamplona. O Celta anotou 27 goles nestes enfrontamentos, por só 7 do Osasuna. A vitoria mais avultada para o Celta foi na tempada 1993/94, na xornada 37, na que venceu por catro goles a cero.

Convocatorias:

O Celta perde para este partido a Charles, expulsado con dobre cartón en Valladolid o pasado luns ó que Apelación lle confirmou a sanción, e Hugo Mallo, quen cumple ciclo de cartóns. Con isto, Luis Enrique convocou ós seguintes xogadores: Yoel e Sergio; Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Nolito, Orellana e Santi Mina.

Mentres, o Osasuna de Javi Gracia, quen colleu ó conxunto navarro na 4ª xornada e ó que hai que prestarlle atención a Oriol Riera, con pasado celtiña, viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Riesgo e Andrés Fernández; Marc Bertrán, Miguel Flaño, Echaide, Satrústegui, Lotiès, Oier e Damiá; Lolo, Armenteros, Puñal, Cejudo, Roberto Torres, Raúl Loé e José García; Manu Onwu e Oriol Riera.

Arbitrará Delgado Ferreiro do colexio biscaino, que é primeira vez que pita en Vigo, pero que nas cinco ocasións en que pitou ó Celta, catro foron vitorias para os celestes.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 19:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

Sorteo bufandas da lotería de Nadal 22/12/13

Todas as persoas que mercáchedes as participacións ou décimos do Nº01923 que distribuíu a nosa peña entrades no sorteo dunha bufanda (unha bufanda para sortear entre as participacións e outra para sortear entre os décimos). O sorteo se realizará o propio 22/12/13 ás 12:00 na nosa sede, Cafetería Las Gradas, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos -Mapa-.

Se a conexión a Internet o permite, emitiremos o sorteo online e en directo. Aquelas e aqueles que queirades acudir en persoa a presenciar o sorteo sodes convidados a facelo.

Gañadores: 
Participación Nº 136 (Que se poña en contacto por favor connosco)
Décimo Nº 02 (O gañador do décimo o notificamos persoalmente)

SORTEO EN DIRECTO:



Para o sorteo usaremos un bingo, e sacaremos primeiro unha bola para as centenas (0 ou 1 a participación N°200 quedou para a peña), logo decenas (0-9) e logo unidades (0-9). A bola N°10 fai de 0 (non hai bola 0). Primeiro sorteamos a bufanda das participacións e logo a dos décimos.

 Publicaremos nesta web os números de participación gañadores das bufandas, así como o premio que lle poida corresponder ó número que xogamos (01923).

 Un saúdo, moita sorte, e moitas gracias a quenes decidíchedes xogar á lotería de Nadal connosco.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Real Valladolid - Celta (A Previa)

Real Valladolid - RC Celta (A Previa) | LFP
Estadio José Zorrilla (22:00) | Real Valladolid e Celta disputarán esta noite un encontro que xa é un clásico entre branquivioletas e celestes, na que os horarios televisivos impedirán un grande desembarco de siareiros vigueses na capital castelá. Unha mágoa.

Partido importantísmo para casteláns e galegos, pois os primeros buscarán sair dos postos de descenso, namentres que os vigueses buscarán afastarse ainda mais deses postos perigosos e durmir tralo partido que remata esta xornada de Liga en zona templada do taboleiro. Unha vitoria significaria para os vigueses a súa segunda vitoria consecutiva en Liga (terceira, se temos en conta a vitoria en Vigo fronte ó Athletic Club no partido de Copa).

Convocatorias:

Real Valladolid:
Mariño e Jaime; Rukavina, Alcatraz, Jesús Rueda, Marc Valiente, Peña, Bergdich e Álvaro Rubio; Rossi, Víctor Pérez, Baraja, Ebert, Larsson, Óscar e Omar; Osorio, Manucho e Javi Guerra.

Real Club Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

Antecedentes:

Valladolid e Celta enfrontáronse anteriormente en 27 ocasións no Estadio José Zorrilla, na Liga BBVA. O Celta vencéu en 11 ocasións, mentres que o Valladolid o fixo en 10. En seis ocasións empataron pucelanos e olívicos. Valladolid conseguiu nestes enfrontamentos 39 goles, por 38 do Celta. O meirande vitoria para os vallisoletanos foi o 4-0 que conseguiu na xornada 31 da tempada 1985/86.

Arbitrará Teixeira Vitienes, que nunca lle pitou ó Celta como visitante na Liga BBVA.

Este partido é televisado en aberto. Nembargantes, podes acompañarnos na CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio (Mapa).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

sábado, 7 de diciembre de 2013

Celta - Athletic Club (Copa): A Previa

Athletic e Celta en San Mamés este ano | Foto: Real Club Celta
Estadio Municipal de Balaídos (20:00) | Celta e Athletic Club disputarán esta noite un interesantísimo partido de dezaseisavos de final da Copa do Rei na que se espera un bo espectáculo, ó tratarse de dous equipos ós que lles gusta "mimar" o balón. Poderíamos estar diante dun partido con goles por ámbolos dous bandos.

O Celta chega a este partido coa moral alta tras conseguir a súa primeira vitoria en Balaídos esta tempada, ó vencer ó Almería por 3-1 o pasado sábado. E Athletic chega, se cabe mais aínda, aínda mais forte, tras gañar no Novo Estadio San Mamés ó todopoderoso FC Barcelona por 1-0.

En palabras de Luis Enrique, o Celta ten o obxectivo prioritario na Liga, pero iso non impedirá presentar en Balaídos un once "competitivo". Para o Athletic, en troques, a Copa "é prioritaria" tamén en verbas do adestrador celeste, non en vano, son o segundo equipo mais laureado, tralo Barcelona.

O Celta convocou ós seguintes xogadores para este enfrontamento: Sergio e Rubén Blanco; Mallo, Vila, Bellvís, Jonny, Cabral, David Costas e Javi Rey; Álex López, Rafinha, Orellana, Madinda e Krohn-Delhi; Bermejo, Nolito, David Rodríguez e Santi Mina.

Mentres, o Athletic Club viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Iraizoz, Toquero, Erik Morán, San José, Beñat, Iturraspe, De Marcos, Ibai, Iago Herrerín, Susaeta, Iraola, X.Etxeita, Mikel Rico, Gurpegi, Muniain, Aduriz, Ander Herrera, Balenziaga.

Ambente de gala en Vigo, co estadio a encher, moitos desprazados desde Bilbo, aproveitando a ponte festiva e bo rollo entre ámbalas dúas afeccións.

Celta e Athletic enfrontáronse anteriormente en seis eliminatorias, nas que o Celta só pasou en unha, a última ocasión en que se veron as caras Leóns e Celtiñas, en 1964. A meirande goleada acontecida nunca en Copa, foi un 12-1 que lle endosou o Athletic en San Mamés en 1947 (Fonte: Vavel.com).

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 19:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).



Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!