sábado, 31 de agosto de 2013

Celta - Granada (A Previa)

Celta Granada do pasado mes de febreiro | Xoan Carlos Gil (LVdG)
Estadio Municipal de Balaídos (19:00) | Volve o fútbol a Balaídos tralo esperanzador comezo de Liga, hai quince días en Vigo, fronte ó Espanyol (2-2) e a victoria en Sevilla fronte ó Betis (1-2) o pasado luns.

Antes do parón de Liga, o Celta pode refrendar un grande comezo no Campionato esta tarde ás 7 fronte ó Granada, un equipo que comezou tamén forte no campionato, trala primeira victoria fronte ó Osasuna a domicilio e unha derrota pola mínima fronte a un grande como é o Real Madrid.

Luis Enrique non debería de variar moito ó esquema que lle deu froitos nas primeiras dúas xornadas, coa obrigada baixa por sanción do capitán Borja Oubiña. Os 18 convocados polo adestrador do Celta son os seguintes: Sergio e Yoel (porteiros); Hugo Mallo, Fontás, Álex López, David Costas, Nolito, Aurtenetxe, Bellvís, Toni, Cabral, Augusto, Krohn-Delhi, Madinda, Charles, Rafinha, David Rodríguez e Javi Rey.

Mentres, o Granada viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Roberto e Karnezis (porteiros); Nyom, Diakhaté, Mainz, Angulo, Murillo; Hassan Yebda, Iturra, Fran Rico, Brahimi, Buonanotte, Fatau, Dani Benítez, Álvaro García; Youssef-El Arabi, Riki e Piti. O madrileño Riki, ex do Deportivo podería ser a grande novidade dos chicos de Lucas Alcaraz esta tarde en Balaídos.

Granada e Celta xa se enfrontaron en doce ocasións en Balaídos con balance de 7 victorias para os de Vigo, 3 empates e dúas derrotas, cun total de 24 goles a favor e 12 en contra para o Celta. O seu último enfrontamento, na xornada 25 da pasada tempada, saldouse cunha victoria para o Celta, por 2 goles a 1.

PREFERENCIA CELESTE fará a previa na súa sede CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos) a partires das 17 horas, onde poderás acompañarnos nun grande ambente e colorido celtista.

E LEMBRA que si queres VIAXAR CONNOSCO A COMPOSTELA para asistir á homenaxe ás Víctimas do Accidente Ferroviario de Santiago (Celta - Compostela) o vindeiro mércores 4 de setembro, podes anotarte na Cafetería Las Gradas na nosa previa, entre as 17 e 18:30 horas. Tes toda a información da viaxe nesta ligazón.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!

jueves, 29 de agosto de 2013

Viaxa a San Lázaro connosco Compos-Celta 04/09/13 21:00

En Preferencia Celeste estamos a organizar viaxe para o partido homenaxe ás víctimas e heroes da traxedia ferroviaria da véspera do Día de Galicia en Santiago de Compostela.

A saída é de Vigo en bus o propio mércores 4 de Setembro ás 18:00 desde o Estadio de Balaídos. A volta é ó rematar o partido. O prezo é de só 10€ (peñistas da nosa peña 8€) e inclúe a praza do bus e a entrada (a entrada é gratuíta, e viaxades xa con ela desde Vigo).

É imprescindible que traiades fotocopia do DNI lexible polas dúas caras e o formulario da viaxe cuberto en maiúscula. Os menores de idade, se non veñen acompañados do seu titor, teñen que traer a seguinte autorización cuberta en maiúscula, e a fotocopia do DNI polas dúas caras, deles e do titor que asine a autorización da viaxe. (Haberá formularios de viaxe e autorizacións no momento de ir pagar para encher na Cafetería).

Para pagar estaremos na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92) o Sábado 31 de Agosto de 17:00-18:30, na previa do Celta-Granada.

Tamén estaremos o Luns en Cafetería Las Gradas de 11:30-13:30 e de 19:30-21:30 (en caso de encher prazas avisariamos para evitarvos o desprazamento en balde)

No caso de non encher as prazas mínimas para cubrir o custe do bus, a viaxe se suspendería, pero a entrada poderiades quedar con ela. Non se aceptan peticións de entrada sen praza no bus.

Ven a San Lázaro a presenciar un clásico do fútbol galego, os dous equipos que locen con dignidade a cruz de Santiago no seu peito, xogando na memoria dos heroes e das víctimas de Angrois

viernes, 2 de agosto de 2013

Viaxa con #PreferenciaCeleste ó #Sporting - #Celta en Vilalba por só 23€

O Celta enfróntase neste novo partido de pretempada ó Sporting de Gijón no Estadio da Madalena en Vilalba.

En Preferencia Celeste organizamos desprazamento por só 23€ (bus+entrada), con saída o propio día do partido, Mércores 7 de Agosto de 2013 ás 15:30 do Estadio Municipal de Balaídos (enfrente de Cafetería Las Gradas) e volta ó rematar o partido. O partido comeza ás 19:00. O prezo para peñistas é de 20€ (bus+entrada).

Recordade estar media hora antes da viaxe para subir ó bus e arrancar ás 15:30.

Se o bus non cubre as prazas, a viaxe quedará suspendida. Só imos levar un bus, anotádevos canto antes.

Para o pagamento dos 23€ estaremos o Sábado na previa do Memorial Quinocho, en Cafetería Las Gradas de 17:00-19:00 tamén hoxe Luns de 12:00-13:30 e de 17:00 a 19:00 como último día o Martes 6 de Agosto de 19:00-21:00 en Cafetería Las Gradas (Fragoso 92, enfrente de Balaídos) para encher as últimas prazas do bus. Podedes traer impreso da casa o seguinte formulario ou volo entregarán para cubrir na cafetería. Traede tamén a fotocopia do DNI polas dúas caras. Os menores teñen que traer a seguinte autorización cuberta, ou cubrila na cafetería. Os menores terán que traer tamén a fotocopia do DNI polas dúas caras do titor. Quen non traia a fotocopia do DNI ou os cartos, non lle reservaremos praza.

Estadio da Madalena, Vilalba

Os peñistas que enviáchedes correo solicitando a praza, xa a tendes asignada, pasádevos nese horario a pagar.