sábado, 27 de abril de 2013

Levante - Celta (A Previa)

Aspas rodeado, na ida | Foto: Xoan Carlos Gil (La Voz de Galicia)
Ciutat de València (16:00 h) | Trascendental partido, como os cinco restantes, o que lle toca disputar esta tarde ó Celta, aínda co sorriso nos beizos trala agónica, pero importante, victoria conseguida o pasado luns fronte ó Real Zaragoza en Balaídos.

A novidade máis importante dos celestes é a volta de Iago Aspas na convocatoria, tras cumprir os catro partidos de sanción polo cabezazo en Riazor. Nembargantes, hai que lembrar que está apercibido polos catro cartóns amarelos que leva. Na súa mesma situación se atopan Varas, Lago, Oubiña, Insa, Álex López, Augusto Fernández, Bermejo e Orellana. Resino xa avisou que probablemente haxa rotacións para o tramo final de Liga.

Os convocados do Real Club Celta para este partido son os que seguen: Varas, Rubén Blanco, Lago, Oubiña, Túñez, Vila, Augusto, Álex López, Cabral, Bellvís, Insa, Orellana, Krohn-Delhi, De Lucas, Bermejo, Jonny Castro, Madinda e Aspas. Sergio, Hugo Mallo, Pranjic e Park (que non chega tralo seu golpe no partido fronte a Zaragoza) son baixa por lesión. No entran na convocatoria lista Samuel, Demidov e Ton.

En canto o Levante a sensación  que produce o equipo e a de ter todos os deberes feitos, na que foi eliminado en Octavos da Europa League e ten bastante dificil (pero non imposible) a súa clasificación a competicións europeas. A súa salvación é prácticamente virtual, polo que se espera que sexa un equipo que xogue sen a tensión necesaria para este menester. Pode xogar en contra dos intereses do Celta a sensación de equipo frouxo que deu contra o Deportivo (0-4), por exemplo, e queran mellorar esa imaxe. Un dos fixos no Levante é o ex-céltico Juanfran. Para él, é importante sellar a permanencia canto antes.

Ésta é a lista de convocados por Juan Ignacio Martínez, adestrador levantino, para este enfrontamento: Munúa e Keylor Navas (porteiros); Navarro, Vyntra, Juanfran, Ballesteros, Pedro López, Chris, Barkero, El Zhar, Iborra, Pedro Ríos, Valdo, Michel, Simao, Acquafresca, Rubén e Roger. Se quedan fora Rodas, Dudka, Nikos, Juanlu e Diop.

O Levante ocuupa o posto 12, con 40 puntos e o Celta é penúltimo, con 27. Na ida, disputada en Balaídos na xornada 14 (2/12/12) ámbolos dous conxuntos empataron a un gol (De Lucas, no 36 e Roger, no 88).

Haberá representación da nosa Peña no Ciutat de València, dándolle a calor que os nosos precisan. E para os que non viaxaron, poderase disfrutar deste apaixoante partido en Cafetería Las Gradas, fronte ó Estadio de Balaídos. Por que nós #NonNosRendemos e #XuntosConseguirémolo.



lunes, 22 de abril de 2013

Celta - Zaragoza (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Hoxe vigueses e maños disputan no Municipal de Balaídos un deses partidos que se chaman 'a cara de can' pois ámbolos dous conxuntos necesitan imperiorasamente a victoria para seguir tendo esperanzas para permanecer na División de Honra do fútbol español.

Os vigueses deben facer valer, hoxe máis que nunca, a súa condición de conxunto que xoga en casa e hoxe máis que nunca fai falla que todos nos esforcemos, pese a ser luns, pese á hora e pese a ser televisado, e enchamos cada rincón de cada bancada do noso vello Balaídos.

Abel Resino convocou para o encontro desta noite a 18 xogadores, nos que son baixa Iago Aspas, que cumpre o seu cuarto, e último, partido de sanción, Sergio, Samuel e Hugo Mallo, lesionados. Tampouco entran na lista por decisión técnica Demidov, Bellvís e Toni.

Do filial entran convocados Rubén Blanco e Levy Madinda. A lista completa dos 18 é a que sigue: Javi Varas e Rubén Blanco (porteiros), Túñez, Lago, Oubiña, Vila, Jony Castro, Álex López, Pranjic, Cabral, Augusto Fernández, Natxo Insa, Orellana, Krohn-Delhi, Park, De Lucas, Bermejo e Madinda.

O Zaragoza, tralo derradeiro adestramento na Romareda, na que os seus siareiros tamén fixeron unha demostración de forza, levando uns 5.000 deles ó seu estadio, viaxou a Vigo cos seguientes 19 xogadores convocados por Manuel Jiménez, o adestrador zaragozista: Roberto, Leo Franco (porteiros), Movilla, Paredes, Rodri, Edu Oriol, Hélder Postiga, Apoño, Montañés, Romaric, Fernández, José Mari, Loovens, Stefan, Sapunaru, Abraham, Pintér, Rochina e Víctor.

No momento de redactar esta nota, o Celta é colista con 24 puntos, seguido polo Real Zaragoza, con 27. No partido de ida, o Celta venceu na xornada 13 por cero goles a un, tanto conseguido por Aspas, no minuto 83. De ahi a importancia da victoria de hoxe do Celta.

Queremos lembrar desde Preferencia Celeste que hoxe hai convocada unha quedada fronte á grada de Gol ás 20:00 horas para recibir ó autocar do Celta e darlle a calor que os nosos se merecen. Por que #NonNosRendemos.

E a partires das 21:00 a previa a podrás facer con nós en Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio), desde onde partiremos á nosa bancada.

Hoxe #TodosABalaídos!!!

sábado, 20 de abril de 2013

#QuedadaCeleste #RecibimentoCeleste #NonNosRendemos


Este Domingo 21 de Abril estamos novamente convocados ás 10:30 no Estadio Municipal de Balaídos para unha #QuedadaCeleste de apoio ós nosos xogadores no entrenamento previo ó decisivo partido do Luns ante o Zaragoza.

O propio Luns 22 ás 20:00 estamos tamén chamados a un #RecibimentoCeleste dos xogadores na zona da Grada de Gol. Todo ánimo e apoio é pouco para este Celta en apuros, equipo que cumprirá 90 anos de historia este verán, e todos agardamos que o faga na máxima categoría da Liga.





Porque aínda é posible! #NonNosRendemos #SiSePode #EuCreoNoCelta


lunes, 15 de abril de 2013

Mallorca - Celta (A Previa)

Aspas, rodeado, na ida en Vigo | La Voz de Galicia
Iberostar Estadio (21:00 h) | Partido a vida ou morte o que teñen que disputar esta noite Real Club Deportivo Mallorca e Real Club Celta no Estadio de Son Moix (renomeado Iberostar por motivos publicitarios), colista e penúltimo na clasificación, ámbolos dous con 24 puntos. O Celta ten mellor coeficiente xeral de goles (de ahí que sexa penúltimo) e unha victoria lle permitiría gañar tamén o coeficiente particular cos de Palma.

Só lles vale a vitoria ós celestes, que disputa a súa primeira final cun rival directo. Esta necesidade veuse acrecentada, se cabe, pola victoria do Deportivo o sábado (que lle permitiu saír dos postos de descenso ós coruñeses), para poder seguir soñando coa salvación.

Apoio non lles faltará aos de Resino, como demostraron os centos de siareiros que se achegaron onte ó derradeiro adestramento na Madroa, antes de partires pola tarde a Palma de Mallorca.

Vixaron os seguintes xogadores: Javi Varas, Rubén, Roberto Lago, Túñez, J. Vila, Cabral, Jony, B. Oubiña, Álex López, Pranjić, Orellana, De Lucas, Krohn-Dehli, Augusto Fernández, Natxo Insa, Madinda, M. Bermejo e Park. Quedáronse en Vigo por decisión técnica Toni e Bellvís. Iago Aspas cumpre o seu terceiro partido de sanción, e tamén quedan en Vigo, lesionados, Demidov, Sergio, Samuel e Hugo Mallo.

Resino poderá contar, se é o seu desexo, con Andrés Túñez, recuperado da súa pubalxia e non chegou a este encontró Vadim Demidov, cunha elongación leve. Probablemente esté listo para o encontro do vindeiro luns en Balaídos, fronte ó Zaragoza.

Por parte do Real Club Deportivo Mallorca, os convoados por Gregorio Manzano son os siguientes: Calatayud, Aouate, Hutton, Geromel, Anderson, Nunes, Bigas, Luna, Kevin, Ximo, Pina, Pereira, Nsue, Tissone y Fontàs, Víctor, Alfaro, Hemed e Giovani.

Manzano non desvelou a súa táctica e celebrou tódolos entrenamentos a porta pechada. Mentres, os de Resino probablemente insistan na táctica da defensa adiantada e esta semán ensaiaron xogadas de estratexia, que veremos si lle dan resultado.

Arbitrará Jesús Gil Manzano, do Colexio Extremeño. No partido da ida, disputado en Balaídos, baleares e galegos empataron a un tanto. Os goles foron de Tomer Hemed, no minuto 22, por parte mallorquina e Park Chu-Young fixo o empate por parte viguesa.

Este partido vital para as aspiracións de salvación do Celta o podes ver en Cafetería Las Gradas (Av. Fragoso, 92, fronte a Balaídos) onde desde Preferencia Celeste lle daremos toda a calor que necesitan os nosos.

E coma sempre, Ala Celta!
 
 

miércoles, 10 de abril de 2013

#NonNosRendemos Domingo 14/04/13 11:00 A Madroa

Podedes ver os vídeos que gravamos e emitimos en directo desde A Madroa durante a quedada de #NonNosRendemos. Agora só falta gañar en Mallorca e coller confianza... #Pódese!!!

Di o refraneiro popular que cando un se cae sempre está obrigado a erguerse. En Vigo, cidade
esixente por natureza, fixemos dese dito o noso particular lema. Noventa anos de historia nos
que o sufrimento e as bágoas de angustia eran os nosos compañeiros de viaxe. Claro que de
cando en vez adornados por un sorriso, pero o certo é que o noso sempre foi a loita contra
todo tipo de tempestades para intentar obter, todo mes de xuño, unha permanencia, unha
promoción ou, se as cousas non ían de todo mal, un lugar en Europa. Pero sempre loitando ata
o final, sabendo que ninguén ía dar nada por nós e erguéndonos cada vez que tropezabamos.
Así somos e así seremos sempre.

A oito partidos do final, a situación é límite. Non hai marxe de erro. Pero #NonNosRendemos. E
vós, celtistas, xogades agora un papel fundamental. Vós sodes agora os protagonistas. O voso
alento e o voso ánimo é necesario e obrigado para un equipo que o luns afronta a súa primeira
final a vida ou morte.

Polo tanto, e porque #NonNosRendemos, querémosvos convocar o próximo domingo a partir
das 11 da mañá na Madroa. Alí o Celta fará o último adestramento antes do choque ante o
Mallorca. A vosa presenza é fundamental para que o equipo note que non está só, que conta
con todo o apoio.

#NonNosRendemos

Convocan:

MEDIOS:

NoticiasCelta.com

MoiCeleste.com

ElFutbolEsCeleste.com

MeuCelta.com

DelCelta.com

PEÑAS:

Arribada Celeste

Irmandiños

Siareiros.net

Preferencia Celeste

Morriña Celeste

Centolos Celestes

Peña SuperMario Celeste

Peña Lío en Río

Peña Jorge Otero

Celtílikos

Comando Celta

Siareiros Dezaos

Merlegos Celestes


lunes, 8 de abril de 2013

Sorteo balón dos heroes do ascenso 07/04/13 11:15

Temos o pracer de comunicarvos que o sorteo do balón terá lugar o vindeiro Domingo 7 de Abril ás 11:15, na previa do partido Celta - Rayo Vallecano.

Se o ancho de banda non o impide, poderedes seguir en directo o sorteo desde esta mesma páxina hoxe 07/04/13 a partires das 11:10 aproximadamente 
 

Finalmente comezouse coa preparación do sorteo pasados uns minutos das 11:00 e a elección dos números gañadores se fixo pasadas as 11:20. Deuse a casualidade que saíron elixidos un dos primeiros números vendidos como premio de consolación, e un dos últimos, vendido o mesmo día do sorteo, como premio do balón.

O número 611 foi premiado co balón dos heroes do ascenso, e o número foi o de Cristian Fernández @Cristian7NklR que o mercou en Las Gradas minutos antes do sorteo. O balón se lle entregou no acto ó estar presente.



O primeiro número para a bufanda (88) resultou ser un número común da peña, polo que decidimos anulalo e retirar outro, 151 número en posesión de Puskis @PuskisCelta, peñista, pero que non se atopaba no local no momento do sorteo. Ó rematar o partido se lle fixo entrega da bufanda.




Moitas grazas a todos por participar neste sorteo e noraboa ós premiados!



O sorteo se celebrará na nosa sede, Cafetería Las Gradas, en Avenida Fragoso 92, diante do estadio de Balaídos. Podedes consultar as bases do sorteo neste enlace

Recordade que ademáis do balón, tamén haberá unha bufanda como premio de consolación.

  


Un saúdo e moita sorte!
 

domingo, 7 de abril de 2013

Celta - Raio Vallecano: A Previa

Piti entre Lago e Vila na ida en Vallecas | EFE
Balaídos (12:00 h) | Celta e Raio Vallecano disputan hoxe ó mediodía un intersantísimo partido na que os vigueses deberán facer bo o meritorio empate acadado frente ó líder, o FC Barcelona, a dous goles, hai oito días en Vigo.

O Celta non poderá contar con Iago Aspas, tras ver desestimado o clube o recurso presentado perante a Comisión Española de Disciplina Deportiva para rebaixar a sanción imposta ó dianteiro de Moaña. Polo tanto, o canteirán cumprirá o segundo partido de sanción fronte os madrileños. Outra baixa importante para os de Resino é a de Andrés Túñez, cunha pubalxia, da que non se recuperou. Sergio Álvarez tamén é baixa tendo sido operado dun ombreiro esta semán. A estas baixas se suman as de Samuel e Hugo Mallo, de longa duración. Por iso, foron chamados ó primeiro equipo os canteiráns Rubén Blanco na portería e Levy Madinda.

A convocatoria do equipo de Balaídos é a que segue: Varas e Blanco como porteiros; Lago, Oubiña, Vila, Augusto Fernández, Jonny Castro, Álex López, Pranjic, Cabral, Demidov, Bellvís, Toni Rodríguez, Krohn-Delhi, Orellana, Insa, De Lucas, Bermejo, Park e Madinda.

Mentres, o Raio Vallecano considera este partido, en boca de Paco Jémez, o seu adestrador, como "vital" na que só lles vale a victoria, aínda que persiguen fins diferentes ós de Vigo, como poden ser as opcións a disputar competicións europeas. Considera o técnico do conxunto madrileño que eles teñen que aproveitar a ausencia de Aspas e a posible "ansiedade" do Celta por conseguir unha victoria vital para seguir tendo opcións de permanecer na liga de honra do fútbol español.

O conxunto vallecano, que chegou na tarde do sábado a Vigo, convocou ós seguintes 18 xogadores:  Rubén, Cobe, Tito, Arbilla, Casado, Figueras, Amat, Gálvez, J. Fuego, Adrián, Trashorras, Piti, F. Vázquez, J. Carlos, Lass, Chori, Delibasic y Leo.

Este partido significará á volta a Balaídos de Roberto Trashorras, que militou tres anos no conxunto celeste, equipo que sempre sigue moi de cerca, e espera unha boa acollida do público de Vigo.

O Celta ocupa o posto 18 do taboleiro, con 24 puntos, mentres que o Raio Vallecano está no posto noveno, con 41. Se a victoria cae do lado vigués, abandonarían os postos de descenso por mor da victoria do Deportivo na noite do sábado fronte ó Zaragoza, por tres goles a dos (por mellor diferenza de goles dos vigueses, a falta do partido de volta entre galegos e maños). Na ida en Vallecas, ganaron 3-2 os madrileños tras ir ganando o Celta por 0-2, ámbolos dous goles de Aspas, e darlle a volta o Raio Vallecano en vintecinco minutos trala expulsión de Cabral.

Balaídos presentará un aspecto de gala, trala iniciativa do Celta de vender entradas a prezo reducido ós seus abonados. Por que #XuntosConseguirémolo.

Podes acompañarnos na Previa que faremos ás 11 da mañán. E lembra que ás 11:15 faremos o sorteo do balón dos heroes do ascenso. Todo isto en Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio)

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!