domingo, 24 de marzo de 2013

Preferencia Celeste en Sentimento Celeste

Preferencia Celeste é unha das protagonistas do último número de Sentimento Celeste, publicación do Grupo Rainmaker 18, que nesta ocasión fai un número especial de motivación do celtismo, co hashtag #EuSiCreoNoCelta.

Desde esta Peña só queremos agradecerlles que contaran con nós para este número tan especial e lembramos que podedes seguir a Rainmaker 18 no seu Twitter, en Facebook, e por suposto, na súa páxina oficial.

E desde aquí, só nos queda convidarvos á lectura de Sentimento Celeste:

lunes, 18 de marzo de 2013

Coa unión de todos pode lograrse o obxectivo: #Xuntosconseguirémolo

Xuntos Conseguirémolo | Foto: Real Club Celta de Vigo
Desde Preferencia Celeste apoiamos e pedimos a toda os nosos peñistas e siareiros do Celta un esforzo para que entre todos poidamos conseguir o sono tan anhelado de permanecer e consolidarnos na Primeira División.

Apoiamos punto por punto o comunicado publicado onte polo Real Club Celta, que transcribimos a continuación:

"Tras un fin de semana difícil e doloroso, o Real Club Celta insta á súa afección a que pase páxina e mire cara a adiante cunha idea clara: o equipo está a tres puntos da salvación e coa uníón de todos pode alcanzarse o obxectivo.

O club pide ao celtismo que peche filas en torno ao equipo, que necesita máis que nunca o seu apoio par saír adiante e superar unha situación complicada, que de ningunha maneira debe provocar que ninguén baixe os brazos. Ao contrario, agora é cando máis se necesita a unión de todas as partes par seguir loitando até o final polo obxectivo común.

O Real Club Celta pide tamén á súa afección e a toda a contorna que mire cara a adiante e os acontecementos vividos non dividan nin distraian. O club tomará as medidas internas oportunas, pero reclama que se pase páxina e non se carguen as tintas nos erros cometidos, xa que os futbolistas son o patrimonio do club e todo o mundo equivócase nalgunha ocasión e aprende diso, se non no futuro, no que falta, no que realmente lle importa a todos, a salvación. Todos gañamos e todos perdemos, o Real Club Celta somos todos.

O club confía plenamente no equipo e o corpo técnico, en que farán todo o esforzo posible para sumar os puntos necesarios para lograr a permanencia, un obxectivo que está ao alcance, xa que o Real Club Celta segue dependendo de se mesmo e, co apoio da afección, nada é imposible.

Hai posibilidades de lograr o obxectivo, pero pasan de maneira obrigatoria por que a unión persista e o celtismo arroupe, como fixo até agora, ao seu equipo."

Deportivo 3 - 1 Celta (A Crónica)

Oubiña, Valerón e De Lucas | Foto: Cabalar (EFE)
Dolorosa derrota a sufrida á noite do venres, xa de por si dura, por tratarse do eterno rival, pero tamén polas circunstancias acontecidas antes, durante e despois do partido.

Iago Aspas foi expulsado no minuto 28, cando xa perdían os celestes por un gol a cero e, con seguridade esta temprana ausencia pasoulle factura ós nosos. Aínda que, sen as ideas claras, non se lles pode reprochar ós xogadores do Celta que non desen a cara, mesmo cando xa perdían por tres goles.

Queremos pasar páxina desde Preferencia Celeste e pensar nos vindeiros partidos, nos que o Celta se xoga a vida, pero ten tódalas posibilidades de salvación, por mor dos bos resultados (para os nosos intereses) producidos polos equipos que están na parte baixa do taboleiro clasificatorio.

Membros da peña en Riazor | Foto: Preferencia Celeste
O Celta segue penúltimo, con 23 puntos, pero segue a tres puntos da salvación (que marca o Real Zaragoza, 17º, con 26 puntos, quen tamén perdeu esta fin de semana).

Agora, cunha semana de descanso, por mor dos partidos internacionais, agarda a visita do FC Barcelona, o sábado 30 (18:00 horas) no que Balaídos presentará unha inmellorable entrada, pois xa se vendeu todo o papel para este encontro.

Lembrade que #XuntosConseguirémolo

Ficha do partido:

3-RC Deportivo: Aranzubia, Silvio, Marchena, Aythami, Manuel Pablo, Abel Aguilar, Juan Domínguez, Bruno, Pizzi, Valerón (Bergantiños, min. 85) e Riki (Salomao, min. 76).

1-RC Celta: Varas, Jonny, Túñez, Demidov, Roberto Lago, Oubiña, Pranjic, Augusto (Krohn-Dehli, min. 79), De Lucas (Orellana, min. 55), Bermejo (Park min. 68) e Aspas.

Goles:
  • 1-0: Minuto 8. Riki, recolle un centro libre de marca, e sen deixar caer o balón bate a Varas a pracer.
  • 2-0: Minuto 63. Silvio, recolle un balón rexeitado a uns 20 metros e lanza un trallazo que bate a Varas pola escuadra. Gol de belísima factura.
  • 3-0: Minuto 78. Salomâo á contra, bate a Varas pola esquerda do porteiro.
  • 3-1: Minuto 79. Park remata tras un magnífico pase de Krohn-Delhi.

Árbitro: Velasco Carballo, do colexio madrileño. Amonestou a Túñez, Demidov, Kronh-Delhi (polo Celta), Aythami e Pizzi (do Deportivo). Expulsou con vermello directo a Iago Aspas (Celta).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 da Liga BBVA, disputado no Estadio Municipal de Riazor de A Coruña, casi cheo, uns 33.000 espectadores, dos que uns 1.000 eran siareiros do Celta.

viernes, 15 de marzo de 2013

Real Club Deportivo - Real Club Celta (A Previa)

Celta e Deportivo en Balaídos no partido de ida. | Foto: Tomás Rodríguez
Estadio Municipal de Riazor (21:45 h.) | Falar dun enfrontamento entre o Real Club Deportivo e do Real Club Celta é falar do PARTIDO EN MAIÚSCULAS. Non hai nada mais que engadir. Volvesen a enfrontar os máximos rivais do fútbol galego en Primeira División despois de cinco anos no coliseo coruñés.

Ámbolos dous equipos chegan a este partido coa máxima das necesidades, ocupando os coruñeses o último posto na táboa clasificatoria, seguido polos vigueses, que está seis puntos por riba. Trátase da primeira vez desde 1944 na que Deportivo e Celta ocupan os derradeiros postos na táboa clasificatoria no momento de disputar o derbi.

O Deportivo, ademáis da satisfacción de vencer ó seu máximo rival, percibe que se atopa diante da derradeira oportunidade para enderezar o seu rumbo no que resta de campaña. Mentres, o Celta chega á Coruña coa moral moi alta trala boa imaxe que ofreceron fronte ó Real Madrid na que lle prataron cara, pese á derrota, eso sí, pola mínima. En Riazor terá oportunidade de demostrar que a súa melloría de xogo non é unha cuestión coxuntural.

O Celta, pese a disputarse un venres, e ás dificultades atopadas para organizar viaxes por parte dos seus siareiros, estará ben acompañado en Riazor, na que acudirán perto dun milleiro de persoas desde Vigo (incluíndo membros desta Peña) ós que seguro que se sumarán moitos outros celtistas chegados desde outros puntos de Galicia.

A convocatoria do Deportivo é a seguinte: Aranzubia, Lux, Riki, Nelson, Camuñas, Salomão, Juan Domínguez, Alex, Ayoze, Insua, Manuel Pablo, Aythami, Silvio, Marchena, Assunçao, Abel Aguilar, Bruno Gama, Valerón e Pizzi.

E a convocatoria do Celta é a formada por  Javi Varas e Sergio Álvarez como porteiros, acompañados por Roberto Lago, Túñez, Oubiña, Jonathan Vila, Cabral, Demidov, Pranjic, Bellvís, Jonny Castro, Toni Rodríguez, Augusto Fernández, Orellana, Park, Krohn-Delhi, De Lucas, Bermejo, Aspas e Levy Madinda.

No partido de ida, Celta e Deportivo empataron a un goles no Municipal de Balaídos.

Se non podes viaxar á Coruña, podes acompañarnos nesta festa do fútbol en Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio) onde lle daremos ós nosos moita calor e ánimos. Por que #XUNTOSCONSEGUIRÉMOLO

domingo, 10 de marzo de 2013

Celta 1 - 2 Real Madrid (A Crónica)

Ronaldo (esq.) a piques de tirar o penalti | Foto: Tomás Rodríguez
Derrota digna dun grande Celta, ante outro grande, como é o Real Madrid, por un gol a dous. O Celta que se viu neste serán non reflicte a súa clasificación na táboa clasificatoria, non alivia a situación dramática no tramo final de Liga, pero permite afrontar o derbi galego do vindeiro venres con optimismo.

Empezou o Celta moi metido no encontro. Proba deste dominio dos vigueses foi o feito de que o Real Madrid non tirou entre os tres paos hasta pasado o minuto 21 de partido.

Diego López, un dos destacados do Real Madrid, fixo tres intervencións moi meritorias nos primeiros minutos a tiros de Iago Aspas, en dúas ocasións, e de Álex López.

Pasados os minutos, o Real Madrid foi achegándose cada vez con máis perigo á área do Celta, con intervencións providenciais de Javi Varas, un dos mellores dos vigueses. Dous balóns de Benzemá, outro de Marcelo e outro de Callejón. Só un tiro de Cristiano Ronaldo pegou no largueiro. O tramo final do primeiro tempo foi de dominio dos brancos.

No inicio do segundo tempo, seguiu o dominio do Real Madrid. E así, no 61, chegaría o primeiro do Real Madrid, Ronaldo anotou tras un rexeite de Varas que aproveitou ben o dianteiro portugués. Os vigueses protestaron un posible fora de xogo.

Non se achicou o Celta e, dous minutos despois, gran xogada de estratexia dos celestes, centro ó área que recolle Aspas e remata á reviravolta tropezando o coiro en Pepe para rematar ó fondo das mallas.

Minutos despois, xogada desafortunada de Varas que sae cos pes diante de Kaká, derrubando ó xogador do Real Madrid e o árbitro pitou a pena máxima, mostrándolle o cartón amarelo ó meta sevillano do Celta. Ronaldo tirou desde os once metros facendo o segundo para o Real Madrid.

O Celta seguiu batallando o a partido convertiuse nun constante ida e volta no que calquera dos dous equipos poido ter anotado algún gol mais para os seus. Park, quen saiu nos derradeiros minutos de partido, tivo a súa no último minuto, cando estrelou no pao un centro de Pranjic.

Non poido ser, pero os vigueses deixaron bo sabor de boca e a esperanza de que xogando así, pódese conseguir a salvación en Primeira. Os vigueses son penúltimos, con 23 puntos, a só dous puntos do Zaragoza que ocupa agora o posto 17. Mentres, os madrileños agora son segundos, con 58 (trala derrota do At. Madrid esta noite).

FICHA TÉCNICA 

1-R.C. Celta: Javi Varas, Jonny, Demidov, Cabral, Roberto Lago, Oubiña, Álex López (Pranjic, min.55), Augusto, De Lucas (Mario Bermejo, min. 60), Krohn-Dehli (Park, min. 85) e Iago Aspas

2-R. Madrid: Diego López, Essien, Pepe, Albiol, Marcelo, Khedira (Alonso, min.46), Callejón (Kaká, min. 65), Modric, Ozil, Cristiano e Benzama (Higuaín, min. 65)

Goles: 0-1, min .61: Ronaldo; 1-1. min.63: Iago Aspas; 1-2, min.70: Ronaldo (de penalti).

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Mostrou cartóns amarelos a De Lucas e Javi Varas, polo Celta, e a Albiol, polo Real Madrid.

Incidencias: Partido disputado no Estadio Municipal de Balaídos, ante 25.344 espectadores nunha tarde noite algo fría e na que choveu intensamente nos últimos minutos de partido.

Celta - Real Madrid (A Previa)

Kronh-Dehli no transcurso do partido de Copa en Vigo | Foto: RCCV
Estadio Municipal de Balaídos (19:00 h.) | Esperado rival ó de este serán en Balaídos, pero que chega nun momento moi delicado para os vigueses. O Real Madrid visita hoxe Vigo nun momento prácido de xogo e resultados, acabando de eliminar ó Manchester United, na Champions League.

O Celta convocou para o partido de hoxe a 20 xogadores, na que únicamente son baixa por lesión Samuel, Hugo Mallo e Natxo Insa. Os convocados son Javi Varas e Sergio Álvarez na portería; ós que se suman Lago, Jonny Castro, Gustavo Cabral, Borja Oubiña, Vila, Álex López, Pranjic, Demidov, Bellvis, Toni, Augusto Fernández, Natxo Insa, Krohn-Dehli, Mario Bermejo, De Lucas, Fabián Orellana, Park e Iago Aspas.

Por parte do Real Madrid, a seguinte é a convocatoria: porteiros Diego López, Adán e Jesús; ademáis de Pepe, Carvalho, Marcelo, Arbeloa, Albiol, Nacho; Khedira, Kaká, Özil, Xabi Alonso, Essien, Modric, Callejón; Benzema, Higuaín, Morata e Cristiano Ronaldo.

Nos enfrontamentos entre ámbolos dous equipos en Liga o balance é positivo para o equipo branco, no que venceu en 50 das 93 veces en que se viron as caras. Tamén, nos últimos enfrontamentos en Balaídos, o balance é claramente favorable ó Real Madrid, no que venceu nas últimas cinco visitas. Pero os vigueses deben mentalizarse que este é un equipo ó que se lle pode vencer, pois ahí está a victoria por dous goles a un no partido de Copa (correspondente á ida dos oitavos de final) no que se veu a un grande Celta.

Esta tempada, o Celta perdeu na ida no Santiago Bernabeu, por dous goles a cero, nun bo Celta quen non foi de aproveitar as súas ocasións no coliseo de Chamartín. A esta xornada o Real Madrid chega como terceiro clasificado, con 55 puntos, a 13 do líder, o FC Barcelona. Mentres, o Celta chega como antepenúltimo, con 23 puntos, a dous da salvación (se ben, no momento de redactar esta entrada, ocupa provisionalmente o posto penúltimo por mor da victoria do Mallorca por dous a un ó Sevilla, polo que unha victoria do Celta faise case imprescindible).


A previa farémola na Cafetería Las Gradas, a partires das 18:00 (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio) desde onde partiremos ó campo. #XUNTOSCONSEGUIRÉMOLO

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!


lunes, 4 de marzo de 2013

Sevilla 4 - 1 Celta (A Crónica)

Aspas fronte a Beto | Foto Paco Puentes (EFE)
Severa derrota do Celta diante do Sevilla no Sánchez Pizjuán da capital andaluza, por catro goles a un.

Comezou ben o Celta, chegando con facilidade á área andaluza e mesmo tendo oportunidades nas botas de Iago Aspas.

Sen embargo, na primeira chegada do Sevilla á área galega, é Negredo, libre de marca, quen anotou a pracer o primeiro dos seus tres goles, cando trascurría o minuto 12. O Celta volvía amosar a súa debilidade na liña defensiva: tiro de Navas que rexeita ben Varas, pero recolle Negredo quen fusila libre de marca, pese a ter tres xogadores do Celta que non foron quen de opoñerse ó remate do xogador sevillano.

Pese a este primeiro mazazo, o Celta seguiu chegando á portería de Beto, con outra oportunidade de Aspas, que rexeita o cancerbeiro do Sevilla no minuto 22.

E pese ó dominio do Celta, chegaría o segundo do Sevilla, outra vez de Negredo, nunha xogada que foi un calco do primeiro gol sevillano. Corría o minuto 29. O marcador non reflexaba a superioridade céltica, pero sí a efectividade dos andaluces. Duro correctivo para os vigueses.

Hai que salientar que pese a desvantaxe dos vigueses, estes seguiron dando a cara, dominando o xogo e chegando con certa facilidade. Este dominio tivo como premio o gol dos vigueses, obra de Augusto Fernández, no 39, a pase de Iago Aspas.

Así se chegaría o descanso con vantaxe pola mínima e coa sensación que, a pouco que presionara o Celta, podía levar un bo resultado do Sánchez Pizjuán. Con permiso da defensa que, a todas luces, é a liña mais vulnerable dos galegos.

Comezou o Sevilla dominando os primeiros compases da reanudación, pero ós poucos minutos o Celta volveu recuperar o dominio do balón e as chegadas á área rival con claridade. Aspas e Augusto, teñen oportunidades claras nestos primeiros minutos do segundo tempo.

Sen embargo, volveu golpear o Sevilla. Medel tirou desde lonxe nunha xogada na que Varas quizáis poido facer máis. Corría o minuto 67 e xa, agora sí, se descompuxo o Celta pois, dous minutos despois, Negredo fixo o cuarto para os sevillanos. Outra vez fallo da defensa e o rexeite o recolleu Negredo quen firmou un "hat trick".

De aquí o final o partido convertiuse nun recital dos sevillanos que aínda poideron aumentar a conta. Navas, auténtico pesadelo dos celestes, perdonou hasta en dúas ocasións.

Así, se chegou ó final do encontra cunha dura derrota para os vigueses, quenes non aproveitaron a oportunidade de sair dos postos de descenso, trala derrota do Zaragoza o venres fronte ó Xetafe. Agora toca esperar ó Real Madrid e afronar o "tourmalet", na que os vigueses se enfrontarán ós madrileños, ó Deportivo e ó FC Barcelona.

Ficha do Partido:


4 - Sevilla: Beto; Coke, Fazio, Fernando Navarro, Alberto Moreno; Medel, Kondogbia (Maduro, 75'), Rakitic; Navas, Manu del Moral (Reyes, 46') e Negredo (Babá, 83').

1 - Celta: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov, Bellvís (Roberto Lago, 80´); Oubiña, Álex López; Augusto Fernández (De Lucas, 74'), Mario Bermejo, Orellana (Pranjic, 59'); e Iago Aspas.

Goles: 1-0: Negredo (11'); 2-0 Negredo (28'); 2-1: Augusto Fernández (39'); 3-1: Medel (65'); 4-1: Negredo (67')

Árbitro: Del Cerro Grande (comité madrileño). Correcto na súa actuación, non influíu no resultado. Mostrou tarxeta amarela a Rakitic, do Sevilla, e a Jonny, por parte do Celta.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 26ª da Liga BBVA disputado na noite do luns no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán de Sevilla, cunha frouxa entrada, 27.000 espectadores. Partido transmitido en aberto por Marca TV. Varas foi recibido con aplausos por parte do público presente no Sánchez Pizjuán.

Sevilla - Celta (A Previa)

Imaxe do partido de ida en Balaídos | Foto: Tomás Rodríguez
Estadio Ramón Sánchez Pizjuán (21:30 horas) | Interesante encontro o que disputarán esta noita sevillanos e vigueses no campo de Nervión. Enfróntanse dous equipos que vieron moverse os seus banquillos no transcurso desta tempada, con gran acerto para os andaluces, que pasaron de postos de descenso a estar loitando para os postos que dan a disputar competicións continentais, e esperenzador para os galegos que disfrutaron da primeira victoria na era Abel Resino, o domingo pasado fronte o Granada.

Resino está a traballar a presión dos celestes fronte ós seus rivais e busca revertir o pobre resultado de só catro puntos como visitante. Parece probable que non haxa moitos trocos no once que conseguiu a victoria fronte o Granada e sería Mario Bermejo que acompañe a Iago Aspas en punta, en detrimento de Orellana.

Dezaoito son os convocados por Resino e que viaxaron onte a Sevilla. Se quedaron en Vigo Samuel e Hugo Mallo, por lesión, e tampouco viaxaron Natxo Insa, Túñez e Toni por decisión técnica. Van convocados: Javi Varas e Sergio Álvarez na portería; Lago, Jonny Castro, Gustavo Cabral, Borja Oubiña, Vila, Álex López, Pranjic, Demidov, Bellvis, Augusto Fernández, Krohn-Dehli, Mario Bermejo, De Lucas, Fabián Orellana, Park e Iago Aspas.

Será un partido moi especial para o sevillano Javi Varas, quen se enfrontará por vez primeira contra ós que son, de feito, compañeiros de equipo.

Unai Emery poderá contar con todo o seu plantel, agás os lesionados, pois tanto Medel como Kondogbia viron rebaixadas as súas sancións polo Comité de Competición, tras ser expulsados na semifinal de Copa fronte ó Atlético de Madrid, e cumplirán sanción no vindeiro enfrontamento de Copa que disputen.

Os sevillanos ocupan o posto 12, con 32 puntos, mentres que os vigueses están no posto 18, con 23. Dase a circunstancia que si o Celta consigue a victoria, deixará os postos de descenso polos resultados producidos nesta xornada. Na ida a victoria foi para os vigueses por dous goles a cero, con tantos de Aspas de penalti e de De Lucas.


Desde Preferencia Celeste faremos a previa desde as 20:30 horas na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) á que quedades todos convidados para vivir unha nova festa do celtismo.

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!
 

sábado, 2 de marzo de 2013

Martes e mércores as entradas serán exclusivamente para abonados

Imaxe do partido da ida | Foto: Carlos Pardellas
Este serán o Real Club Celta anunciou nunha nota de prensa que os vindeiros martes 5 e mércores 6 as entradas que poña á venda a tenda Vodafone para asistir ó derbi galego entre Deportivo e Celta serán de venda exclusiva ós abonados do clube vigués, que deberán de presentalo carné á hora de facela compra.

Rexera a limitación de dúas entradas por aficionado. As restantes entradas, se as houbera, se porán á venda a partires do xoves 7 para tódolos siareiros.

A tenda Vodafone na que se poden mercar as entradas para "O Derbi Galego" está situada na rúa Eduardo Iglesias, número 4, xunto a Príncipe e o seu horario é de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas. As entradas terán un custe de 40 euros.

A anterior entrada desde blog, na que se informa do procedemento para a adquisición de entradas para o clásico galego, foi cambiada para reflectir esta última hora do clube vigués.

As entradas para "O Noso Derbi" disponibles a partires do vindeiro martes

Partido de ida disputado en Vigo | Foto: RC Celta
Tras días de incertenza, a partires do anuncio do Celta que disporía de 868 entradas para o derbi a disputar en A Coruña o venres 15 de marzo ás 21:45 horas no Estadio de Riazor e no que tanto clube como Federación de Peñas anunciaron públicamente que se afastarían da xestión e venda de entradas, finalmente se sabe que será un dos patrocinadores do Celta, a multinacional de telefonía británica Vodafone a encargada de pór á venda as entradas para "O Noso Derbi", que sairán á venda a partires do vindeiro martes, 5 de marzo.

Por isto, desde Preferencia Celeste non podremos xestionar nin desprazamento, nin entradas para os nosos peñistas. Sen máis, transcribimos a nota de prensa emitida polo clube olívico:


As entradas para o derbi de Riazor, á venda desde o próximo martes 

As entradas reservadas para a afección do Real Club Celta para o derbi que se disputará en Riazor o venres 15 de marzo ás 21.45 horas poranse á venda a partir do próximo martes na tenda de Vodafone situada na céntrica rúa Eduardo Iglesias, número 4, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

Cada afeccionado poderá adquirir un máximo de dúas entradas para este encontro. Hai un total de 868 entradas reservadas para a afección celeste, que se despacharán, até final de existencias, ao prezo de 40 euros.

A venda de entradas na tenda de Vodafone producirase por rigorosa orde de chegada, sen posibilidade de realizar reservas e non está vinculada a ningunha promoción da empresa de telecomunicacións.

Vodafone é un dos grandes patrocinadores do club, con accións pioneiras como a de crear a "Bancada Vodafone" en Balaídos ou a presentación de novos terminais telefónicos na nova zona de empresas do estadio celeste.

CORRECCIÓN: Con posterioridade á publicación desta entrada (ás 20:00 de hoxe), o Real Club Celta publicou unha nota de prensa na que indica que os días 5 e 6 (martes e mércores) as entradas se venderán exclusivamente a abonados ó Celta, que deberán de presentar o carné ó facela compra, e a partires do día xoves 7, se quedasen entradas disponibles, estas se venderán ó público en xeral e coas limitacións xa indicadas de dúas entradas por persoa.